Curso 'TDAH: Medidas prácticas para a aula'

Curso práctico organizado pola Asociación Galega de Mestres de Audición e Linguaxe (AGMAL) dirixido a mestres e mestras, orientadores, e outros profesionais que traballen con nenos e nenas con transtorno por déficit de atención con hiperactividade, TDAH, ou simplemente con problemas importantes de atención.

O curso ofrece recursos e formación aos mestres e mestras que procuran medidas concretas para dar unha resposta axeitada a estes alumnos no día a día na aula. Igualmente diríxese a especialistas en audición e linguaxe, orientadores, pedagogos, psicólogos e outros profesionais que precisan medidas concretas para o asesoramento e intervención directa con cativos con este perfil. Tamén pode ser de interese para familiares de nenos e nenas con TDAH ou estudantes universitarios dos Graos en Psicoloxía, Pedagoxía ou Educación.

A actividade formativa organízase en varios bloques temáticos que inclúen contidos como medidas pedagóxicas e didácticas, orientación sobre as actividades, gestión de problemas de conducta, intervención individual e materiais e recursos pedagóxicos.

O curso consta de 7,5 horas presenciais que se desenvolverán o sábado 9 de xuño na Cidade da Cultura en horario de 9.30 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Prezos de inscrición reducidos ata o 9 de maio. Mais información no web da Asociación AGMAL.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
9 — 25 Out 2026
De luns a domingo | De 10 a 20 h
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h
Do 23 - 26 nov