Curso: novidades da Lei de Contratos do Sector Público

Quinta edicion do curso desenvolvido en colaboración entre a FEMP, a Dirección Xeral de Patrimonio e o Instituto de Estudos Fiscais do Ministerio de Facenda e Función Pública. Esta acción formativa, que conta coa colaboración da FEGAMP, terá lugar os días 14 e 15 de marzo na Cidade da Cultura de Galicia.

O curso está dirixido a responsables de contratación de Entidades Locais que queiran formarse nas novidades que introduce a nova Lei de Contratos para a Administración Local. Terán prioridade os perfís técnicos e directivos e os inscritos de entidades maiores de 20.000 habitantes.

Programa de contidos:

  • A contratación pública estratéxica
  • Tipos contractuais
  • Capacidade e solvencia do empresario
  • Obxecto, orzamento de licitación, valor estimado, prezo do contrato e a súa revisión
  • Normas xerais da adxudicación dos contratos das AAPP
  • Efectos dos contratos
  • Os procedementos de adxudicación
  • Novidades no réxime xurídico dos contratos de obras, suministros, servizos e concesión de obras
  • Plataforma de contratación do sector público
  • Solvencia. Clasificación de empresas
  • Racionalización técnica da contratación
  • As novas obrigas en materia de gobernanza
  • Especialidades de contratación pública nas Entidades Locais

Máis información na web: http://formacion.femp.es/cursos/show/18fempdgpatri3. Inscricións ata o 1 de marzo de 2018.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h