Curso dirixido a entender o desenvolvemento sensorial dos nenos e nenas, recoñecer os signos dun desenvolvemento sensorial atípico e dos seus efectos sobre a participación nas actividades da vida diaria destacando a alimentación.
O programa formativo amosará tamén como saber aplicar estratexias básicas para fomentar o desenvolvemento sensorial e coñecer o traballo do terapeuta ocupacional e do logopeda no tratamento de nenos con problemas de integración sensorial.
O curso está impartido por Berta Gándara Gafo, doutora en ciencias da saúde pola Universidade da Coruña, master en asistencia e investigación sanitaria, diploma de especialización en neurociencias, experta en Terapia Ocupacional en discapacidade motora infantil e certificada en Integración Sensorial pola University of Southern California, EEUU.
























