O Igape promociona o curso «Green Business Leader», impartido por Advanced Leadership Foundation (ALF) en colaboración co IFC - International Finance Corporation do Banco Mundial para potenciar de maneira significativa os líderes empresariais sostibles, integrando tanto ao sector empresarial como ás emprendedoras e emprendedores e administracións públicas para fomar un sólido ecosistema da sostibilidade.
O programa ofrece unha formación intensiva para comprender e aproveitar as oportunidades de crecemento e expansión que presenta o cambio climático para as organizacións. O curso ofrece información e ferramentas pragmáticas para identificar as oportunidades de negocio que supón adoptar a sostibilidade, abordar os desafíos actuais e futuros e fomentar a adopción de prácticas empresariales sostibles nas empresas, elevando a súa competitividade e promovendo o crecimento económico.
A xornada desenvolverase no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de 10 a 14 horas. O Igape - Instituto Galego de Promoción Económica asume o custo do curso para persoal técnico, mandos intermedios ou directivos de empresas con domicilio social ou algún centro de actividade en Galicia. Máis información neste enlace.
























