Curso de ‘Tratamento e análise de evidencias dixitais’

Ata o vindeiro 2 de outubro está aberto o prazo de inscrición no curso de ‘Tratamento e análise de evidencias dixitais e defensa dos resultados’, que organiza  o CPETIG en colaboración coa AMTEGA. O curso terá lugar a fin de semana do 4 e 5 de outubro na Aula II da biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia, cunha duración de 12 horas.

A primeira sesión, o venres día 4 en horario de tarde, será impartida por Víctor Salgado, avogado-socio de Pintos&Salgado, que presentará o Relatorio xurídico-práctico: informática pericial. O  sábado día 5 a sesión matinal será impartida por Gonzalo Sotelo, policía xudicial especialista en e-crime, co relatorio Evidencias dixitais, valor probatorio. O contido formativo completarase coa  sesión de tarde sobre Informe pericial: modelo normalizado do CPETIG, na que serán relatores Juan Luis Miguens e Miguel Abal, secretario e vicesecretario do Colexio.

As persoas asistentes a este curso poderán solicitar o acceso ao Corpo Oficial de Peritos do CPETIG, COP.

Neste contexto, o curso dará as claves para traballar eficazmente coas evidencias dixitais, de xeito que sirvan como un instrumento de valor legal en procesos xudiciais ou en investigacións  forenses, ofrecendo formación especializada dirixida á adquisición de competencias e coñecemento do catálogo de técnicas que poden ser combinadas para o estudo de casos concretos de evidencias dixitais.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada