A Asociación Galega de Matronas organiza un curso de Biomecánica do nacemento para profesionais, que impartirá a matrona Alina Valdivia. Mediante técnicas ancestrais da partería preténdese fortalecer o coñecemento na fisioloxía da xestación e do nacemento, aprender a aplicar a metodoloxía terapéutica así como a utilidade clínico asistencial na prevención e tratamento, para brindar unha mellor calidade asistencial.
O curso está dirixido a matronas e residentes de matronas e contará on 22 prazas dispoñibles. A duracion da formación será de 16 horas, repartidas en dúas xornadas presenciais de 9 a 18.30 horas, os días 10 e 11 de marzo, na Cidade da Cultura.
Máis información AQUÍ
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h























