Coworking Igape-EOI | 6ª edición

A Xunta de Galicia, a través do Igape e en colaboración coa Escuela de Organización Industrial (EOI), vén de iniciar na Cidade da Cultura a actividade da sexta edición do Coworking IGAPE-EOI. Neste espazo de coworking do Gaiás, unha vintena de iniciativas de emprendemento recibirán -entre marzo e setembro de 2022- formación, asesoramento e titoría na posta en marcha das súas iniciativas empresariais.

A aceleradora compostelá céntrase no sector cultural e das TIC, áreas nas que se especializa precisamente o Centro de Emprendemento do Gaiás (CEM). Durante a súa estancia, as persoas emprendedoras participantes formaranse en temáticas como lean startup, márketing dixital, branding creativo, marca persoal, ferramentas de venda, vías de financiamento ou optimización da comunicación, a través de 12 obradoiros específicos. Contarán ademais con 40 horas de titorías individualizadas, enfocadas no desenvolvemento de cada unha das súas propostas. Finalmente, terán a oportunidade de amosar os seus produtos no demoday que porá fin a esta experiencia formativa.

A convocatoria diríxese a persoas emprendedoras cun proxecto empresarial en fase temperá de desenvolvemento, ou cunha empresa de recente creación (non máis de 6 meses antes da súa incorporación aso espazo coworking). A participación é gratuíta e o espazo é froito da colaboración entre a Xunta (a través do Igape) e a Escuela de Organización Industrial (EOI), fundación adscrita ao Ministerio de Industria, Comercio y Turismo. A actividade conta coa colaboración da Cidade da Cultura e a cofinanciación do Fondo Social Europeo.

Rede de espazos de coworking en Galicia

A iniciativa conta nesta edición cun total de 11 espazos en todo o territorio galego, que inclúen a Mariña Lucense (Mondoñedo);  Costa da Morte (Cabana de Bergantiños); Ferrolterra (Ferrol); Santiago de Compostela (Cidade da Cultura); A Ribeira Sacra (Monforte de Lemos); O Salnés (Vilanova de Arousa); O Deza (Lalín); Camiño de Santiago (Palas de Rei); Mancomunidade do Carballiño (O Irixo), Valdeorras (A Rúa) e a Tecnópole (Ourense). Cun orzamento dun millón de euros, o programa facilitará o desenvolvemento de 220 proxectos de emprendemento.

Ao longo das cinco edicións previas do programa, pasaron polo mesmo preto de novecentas persoas emprendedoras no conxunto dos diferentes coworking, nos que se desenvolveron máis 700 proxectos empresariais.

 
 
8 Set 2022 - 20 Xuñ 2023
10.00 h | 11.00 h | 12.00 h | 13.00 h | 16.00 h
De balde
Sábados, domingos, festivos e Semana Santa
7 Mar - 25 Xuñ 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Mar - Set 2023
De 9.00 a 21.00 horas
22 Mar - 6 Ago 2023
De luns a domingo | De 10 a 20 h
De martes a domingo
Convocatoria aberta
Prazo do 2 xuño ao 3 xullo 2023
26 Xuñ - 7 Xul // 28 Ago - 8 Set 2023
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
27 Xuñ 2023 - 7 Xan 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
27 - 31 Ago 2023
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO