Corresan 2019: Ruta dos parques

VIII edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan 2019, un programa de carreiras organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes. Este circuíto entra dentro do labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns.

O circuíto CorreSan representa unha iniciativa para Compostela que traslada o deporte ata os barrios e zonas onde normalmente xa se practican diferentes deportes, en especial o atletismo ou popularmente coñecido “running”.

A Cidade da Cultura de Galicia acollerá o domingo 3 de novembro a saída do Circuíto da Ruta dos Parques, unha carreira absoluta de máis de cinco quilómetros que percorrerá o Bosque de Galicia, o Paseo Fluvial de Sar e o Parque Eugenio Granell.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h