Unha das características de moitas organizacións como as cooperativas, as asociacións sen ánimo de lucro, as sociedades laborais ou os centros de ensino é que para o seu funcionamento deben realizar numerosas reunións. Este curso busca fortalecer as competencias na organización de asembleas e reunións.
Pártese dos problemas máis comúns das mesmas, como saírse da orde do día, prolongarse demasiado no tempo, non chegar a conclusións claras, etc. Formúlanse metodoloxías prácticas para superar ditos problemas e fomentar unha vivencia positiva e un traballo proveitoso nas reunións e asembleas.
Dirixido a público en xeral, especialmente ás persoas das cooperativas, sociedades laborais, asociacións, centros de ensino e todas aquelas que queiran mellorar as súas competencias na xestión de reunións.
Obxectivos:
- Presentar diferentes metodoloxías para a mellora das reunións e asembleas.
- Experimentar con ditas metodoloxías para comprobar a súa validez, nas sesións presenciais.






















