Cooperativa de Ensino. Unha alternativa de emprego

UCETAG é a Unión de Cooperativas de Ensino de Galicia. Ademais do seu labor representativo, ofrece apoio e asesoramento a aquelas persoas que queren montar unha cooperativa para desenvolver profesionalmente o seu propio proxecto educativo. A UCETAG ten máis de 25 anos de experiencia no apoio ás cooperativa socias, no acompañamento de novos proxectos e na formación en materia de cooperativismo en xeral e de ensino en particular. En base a esa experiencia, este curso busca presentar as claves para constituír e levar adiante un proxecto cooperativo con éxito.

Dirixido a profesionais da educación: Todas aquelas persoas que queran desenvolver o seu traballo no ámbito da educación, regrada ou non regrada, que estean pensando na posibilidade de emprender e queiran coñecer cómo facelo baixo a fórmula da cooperativa de ensino.

Obxectivos:

  • Presentar as características da cooperativa de ensino e as claves que a diferencian doutras fórmulas.
  • Coñecer os pasos que son necesarios para constituír unha cooperativa de ensino con éxito.
  • Orientar sobre as axudas e recursos de apoio dispoñibles.
 
 
pdf 178.64 KB
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027