Concerto tributo a Zeca Afonso e Rosalía de Castro

O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho (Portugal) e o grupo musical Canto d'Aquí organizan as 8º Convergências Portugal-Galiza, destinadas a estreitar os lazos culturais entre as comunidades galega e portuguesa a través da unión entre voces e músicas, danza, teatro, cinema, coloquios, faladoiros e poesía, nun encontro que se realiza simultaneamente en Braga, Padrón, Ponteareas, Redondela e Santiago de Compostela.

Como parte da programación destas converxencias, terá lugar un concerto tributo a Afonso Zeca e Rosalía de Castro o día 27 de febreiro, ás 17:00 horas, no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. A agrupación Canto d'Aquí estará acompañada neste concerto da cantante de fado Maria do Ceo. Tamén participará no evento o actor, director e narrador galego Quico Cadaval.

O concerto celébrase na semana na que se conmemoran os aniversarios da morte do cantante e compositor portugués e do nacemento da poeta galega.

 

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h