Concerto de Fukío Ensemble

O auditorio Xosé Neira Vilas acolle o concerto de Fukío Ensemble, no marco do XI Encontro Galego do Saxofón que presenta Sax Factory - Factoría Galega do Saxofón. O encontro está fundamentado no interese e a necesidade de coñecer, traballar e compartir as experiencias vitais e musicais máis variadas nas que o eixo é unha formación de máxima calidade contando con profesionais de saxofón dunha dilatada experiencia e renome profesional e concertístico así coma con novos valores que en anos anteriores asistiron como alumnos ao Encontro, servindo de exemplo e guía para as novas xeracións de estudantes do saxofón.

Esta experiencia debe entenderse non só dende o ámbito extrictamente académico senón dende a importancia e enriquecemento do feito de compartir o fenómeno musical dun xeito intensivo.

 
 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta