Na actualidade, a transformación dixital non é unha opción. As empresas de hoxe en día xa non poden ignorar a adaptación a este novo contorno, pois non hai outro xeito de renovarse e competir que mediante a transformación dixital.
Calquera empresa actual, independentemente do seu tamaño, debe interiorizar, explotar e adaptarse á canle dixital para converterse nunha empresa dixitalizada que poida aproveitar todas as súas potencialidades. A transformación dixital é un proceso necesario para poder competir no mercado actual que toda empresa debe considerar.
Conscientes diso, poñemos en marcha, por segundo ano consecutivo e tras o éxito da súa primeira edición, o Programa Formativo AceleraTIC+, dirixido a pemes co obxectivo de crear un perfil directivo que manexe o dixital desde un punto de vista estratéxico.
A presentación da nova edición de AceleraTIC+ levarase a cabo mediante a Xornada de Inspiración Dixital na que contaremos con expertos na materia e directivos de empresas galegas referentes no uso das tecnoloxías como motor do cambio e na transformación dixital nos seus sectores.






















