Clic Xanela | Cuarto consello: A composición da nosa foto

Imos co cuarto e derradeiro consello Clic Xanela!

Xa aprendimos co fotógrafo Oscar Corral que non é o mesmo facer a foto desde a aplicación dun teléfono móbil que desde a app dunha rede social. Tamén vimos con el como podemos controlar a exposición da nosa imaxe; e no último consello descubriunos  os diferentes zooms do noso dispositivo e cal é o mellor para non perder calidade.

Neste último consello para mellorar as fotos que sacamos co noso móbil desde a fiestra, Óscar Corral céntrase na composición da nosa foto. Así, destácanos que unha das cousas máis importantes no momento de tomar unha foto é o encadre: decidir que deixar dentro e fóra e sempre o máis complicado. O seu consello é que simplifiquemos. E advírtenos ter moitos elementos nunha foto non sempre axuda a ter máis información, xa que distrae. Mellor, optar por ter menos e ben situados.

E onde debera estar situado ese elemento principal a fotografar? Óscar Corral recoméndanos seguir a  regra dos tres terzos; que teñen que ver coa esas liñas  que aparecen na pantalla do noso móbil que divide a nosa imaxe en tres partes: horizontais e verticais. O que nos interesa son as liñas de confluenza; aí e onde debera estar sempre o noso elemento principal.

E sempre mellor colocalo na parte esquerda axuda a que sexa máis comprensible.  E Óscar Corral recórdanos que debemos situar o elemento principal á mesma altura que o plano, porque isto sempre mellorara a nosa imaxe.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
Convocatoria aberta
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h