Cinema en curso I Formacións docentes

O CGAI coordina en Galicia Cinema en curso, un programa internacional de pedagoxía do cine en escolas e institutos que actualmente se desenvolve en Galicia, Cataluña, Madrid, Euskadi, Arxentina, Chile e Alemaña.

Cinema en curso ten dous obxectivos prioritarios: formar público sensible, activo e autónomo, con interese e capacidade de gozar de manifestacións culturais e cinematográficas diversas e desenvolver as potencialidades pedagóxicas da creación cinematográfica na escola e no instituto.

O programa articúlase a partir de catro eixos principais:

  • A presenza regular e continuada de cineastas nos centros educativos impartindo obradoiros xunto aos mestres e profesores, dentro do horario lectivo.
  • O descubrimento da arte cinematográfica a partir dunha metodoloxía que liga estreitamente a práctica creativa co visionado de películas.
  • A formación dos mestres/as e profesores/as.
  • O laboratorio de investigación aplicada: a partir da análise das experiencias dos obradoiros, o equipo de cineastas e docentes crea propostas, materiais e metodoloxías extensibles a contextos educativos diversos.
 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta