Unha viaxe polo mundo a través dos seus alimentos, na que gozar dos diferentes sabores, tacto, olores, sons e imaxes cos cinco sentidos.
Obradoiros didácticos dirixidos a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Cada un deles estará adicado a un continente, no que descubrir unha historia sobre os seus alimentos e curiosidades e explorar rutas alimenticias descoñecidas a través de xogos e outras actividades relacionadas coa gastronomía.
Programa de obradoiros:
- Sábado 9 de xuño: De ruta por América cos cinco sentidos
- Sábado 16 de xuño: De ruta por Europa cos cinco sentidos
- Sábado 23 de xuño: De ruta por África cos cinco sentidos
- Sábado 30 de xuño: De ruta por Asia e Oceanía cos cinco sentidos.
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026
























