O vindeiro 14 de marzo a Cidade da Cultura acolle o encontro CIMS GAL 2018, Cidades Innovadoras Modernas e Seguras. Tratarase dunha xornada en torno ás cidades intelixentes ou smart cities, para analizar os principais retos e oportunidades que presentan, en materia de calidade de vida, sustentabilidade, administración electrónica, transporte, xestión urbana ou comunicación.
Pode descargarse o programa da xornada neste enderezo electrónico. A apertura da xornada correrá a cargo do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; a directora de AMTEGA, Mar Pereira; e o presidente do Cluster TIC, Antonio Rodríguez.
O Encontro CIMS GAL 2018 está organizado polo Cluster TIC Galicia coa colaboración da Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a Axencia Galega de Innovación (GAIN).
























