Ciclo "Ciencia parece pero non é"

A Xunta de Galicia pon en marcha un novo programa de fomento da cultura científica, Ciencia parece pero non é, no que recoñecidos divulgadores achegan claves sobre diferentes aspectos da ciencia e a tecnoloxía de xeito entretido a través de charlas dirixidas a todos os públicos, especialmente do eido educativo, para estimular o pensamento crítico.

A primeira das conversas celébrase o 19 de xaneiro coa participación de Helena Matute, experta no funcionamento da mente humana e como afecta a tecnoloxía desde o punto de vista psicolóxico. É catedrática en Psicoloxía Experimental pola Universidade de Deusto, onde dirixe o Laboratorio de Psicoloxía Experimental e imparte a charla Nesgos cognitivos en humanos e intelixencias artificiais. O 25 de xaneiro é a quenda do psicólogo e profesor Ramón Nogueras co relatorio Que facer cando os marcianos non veñen salvarte, para tratar, entre outros temas, como reaccionamos as persoas cando nos amosan probas contrarias a algo no que cremos ou do que estamos convencidos.

O programa está dirixido a docentes e público en xeral. As charlas celebraranse ás 18,00 horas no Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Tamén se poderán seguir vía streaming no perfil de Youtube da Consellería de Educación.  

Pensamento crítico

En febreiro, o día 2 é a quenda do neurocientífico e catedrático da Universidade de Salamanca José Ramón Alonso para impartir a charla A importancia de divulgar ciencia. Conferenciante convidado en universidades de España, Alemaña, Suecia, Dinamarca, Colombia, Turquía, Chile, Bolivia e Estados Unidos, José Ramón Alonso ten publicado máis de 160 artigos de investigación en neurociencias e dirixido preto dunha vintena de teses doutorais na materia. É, ademais, un exitoso autor de libros de divulgación científica e ven de ser recoñecido co Premio Europeo de Divulgación Científica.

En marzo, o doutor en Psicoloxía pola Universidade de Deusto Fernando Blanco aborda o día 2 as precaucións á hora de interpretar as conclusións de estudos científicos no relatorio É máis crible a prensa científica que o telediario? Bulos, esaxeracións e desinformación nas noticias científicas. O 15 de marzo, o doutor en Física Aplicada pola Universidade Autónoma de Madrid Joaquín Sevilla e o biólogo e catedrático de Fisioloxía na Universidade do País Vasco Juan Pérez Iglesias imparten a charla Os males da (divulgación) da ciencia acrítica.

En abril, o día 19, Néstor Marqués, arqueólogo e historiador, trata a longa tradición das fake news (noticias falsas). Destacado divulgador cun papel moi activo a través das redes sociais, Néstor Marqués desenvolveu as súas investigacións en diversos campos do coñecemento do mundo antigo e tamén traballa para achegar coñecemento teórico e práctico nos campos da difusión cultural e a tecnoloxía aplicada ao patrimonio. O 11 de maio, a profesora de Psicoloxía da Universidade de Minnesota Panayiota Kendeou, experta en desinformación, fala da importancia de educar no pensamento científico nas escolas desde educación infantil e primeiros cursos de primaria.

O ciclo de charlas, do que se está a pechar o programa correspondente ao mes de xuño, completaranse cunha publicación que recollerá diversos aspectos destacados dos relatorios e que será distribuída nos centros educativos e bibliotecas de Galicia e estará aberta ao público na Libraría Institucional da Xunta de cara a finais de curso.

 
 
8 Set 2022 - 21 Xuñ 2023
10.00 h | 12.00 h | 12.30 h | 13.00 h | 16.00 h
21 Out 2022 - 17 Abr 2023
21 Out 2022 - 16 Abr 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
11 Nov 2022 — 9 Abr 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
11 Nov 2022 - 9 Abr 2023
De Nov 2022 a Mai 2023
De 9.00 a 21.00 horas
Inverno 2023
Sábados, domingos e festivos | 11.30 e 13.00 h
27 Set - 18 Dec de 2022
De 10.00 a 20.00 horas
4 Feb 2023
De 10:00 a 12.00 e de 16.00 a 20.00 horas
4 Feb 2023
De 17.00 a 18.30 horas
20 Feb 2023
16.30 h — 19.30 h
7 Mar - 11 Xuñ 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
27 Xuñ 2023 - 7 Xan 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h