Carreira Solidaria | 60 aniversario de Manos Unidas

A Cidade da Cultura acolle o domingo 7 de abril a carreira solidaria por relevos que Manos Unidas organiza en Galicia para celebrar os 60 anos desta ONG e que se realizará, de xeito simultáneo, o mesmo día en preto de 40 localidades españolas.

A inscrición nesta carreira solidaria de Manos Unidas está aberta ata o 2 de abril na páxina web www.carreirasgalegas.com e o pecorrido na Cidade da Cultura será de 2,5 quilómetros. O punto de saída será na intervención artística da ‘Bóla de Libros’, rodearase o CEM-Centro de Emprendemento do Gaiás e percorrerase un dos sendeiros que cruza todo o Bosque de Galicia para ir dar ao Parque do Lago, co obxecto que, desde alí, os e as participantes volvan subir ao punto de partida. Ademais, para os e as menores que acompañen os adultos —xa que a cativada no poderá participar nesta competición— haberá no complexo da Cidade da Cultura actividades lúdico-deportivas.

 

Carreira única en Galicia

Esta carreira solidaria coa que Manos Unidas festexa o seu 60 aniversario e a única que se celebra en Galicia, sumándose así o complexo do Gaiás ao reto da ONG de levar a cabo esta acción no mesmo día en preto de 40 localidades españolas. No entanto, o esforzo que supón realizar estas 40 carreiras simultáneas terá a grande recompensa de apoiar un proxecto de promoción da muller na India, no que 343 mulleres recibirán formación e axuda para a creación dun negocio que lles permita mellorar a súa calidade de vida e as das súas familias. Ademais, desde a ON destacan tamén o feito de que se trata dunha actividade “divertida e familiar” que permitirá que o traballo realizado durante estes 60 anos en Manos Unidas “poida ser coñecido por todo aquel que queira participar”.

Beneficiarias: mulleres en situación de vulnerabilidade na India

O proxecto elixido para asociar á carreira é o ‘Programa de Emprendemento para mulleres vulnerables na India’. As beneficiaras son mulleres que viven en condicións de pobreza e marxinalidade neste país, en concreto, nos distritos de Ramanathapuram e Sivagangai.

Co recadado nas carreiras solidarias do Gaiás e do resto de cidades capacitaráselles a estas mulleres para emprender negocios colectivos rendibles. Impartirase formación en: cría de vacas leiteiras, fabricación de corda a partir do coco, produción de encurtido de peixe e produción de fariña de millo, creando tres unidades de produción con alpendre e equipamento necesario.

 

Asemade, crearanse federacións onde se formarán equipos de vendedoras e con dous puntos de venda propio. Incluirase tamén un vehículo e os fillos destas mulleres recibirán asesoramento para os seus estudos, talleres de habilidades sociais e fortalecemento de capacidades. Este proxecto beneficia directamente a 343 mulleres e fillos e indirectamente a máis de 800 persoas.

 

 
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas
3 - 5 Mai 2024
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h