A carreira de obstáculos (OCR) Gladiator Race terá lugar na contorna do Monte Gaiás o sábado 2 de setembro, cun percorrido de máis de 6 quilómetros e 30 obstáculos, trátase dunha proba que conta cunha gran versatilidade e está orientada tanto aos deportistas de alto nivel como os de perfil máis popular.
Esta xornada deportiva incluirá tamén a Gladiator Kids, onde os máis pequenos de entre 3 e 16 anos recorrerán unha menor distancia con menos obstáculos acompañados dos seus pais.
A contorna do monte Gaiás acolleu xa en 2019 a carreira de obstáculos O Camiño Race, cun grande éxito de participación. A inscrición para esta nova cita deportiva pode facerse na web gladiatorraceoficial.es.
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
17 de oct 2026
Ás 19:00h
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
























