Obradoiro de cartelismo ao redor da obra de Camilo Díaz Baliño

Neste obradoiro os/as participantes achegaranse á obra do ilustrador galego Camilo Díaz Baliño, homenaxeado nesta edición do Día da Ilustración. Centrarémonos nos carteis que realizou para diversas campañas, entre elas as que realizou por encargo do Concello de Santiago de Compostela.

Estas imaxes serán o punto de partida e servirán de motivación e inspiración para idearen novos carteis. Deste xeito entenderemos que papel desempeñan os carteis na cultura popular, como e por que funcionan e como podemos chegar a crear un cartel coas nosas propias mans.