Cambiando vellos Paradigmas. Dos Procesos ao Valor

O vindeiro martes 7 de maio celebrarase no salón de Convencións do Edificio CINC da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, la 3ª Xornada precongresual que levará por título "Cambiando vellos paradigmas. Dos procesos ao valor".

Organizado por Sedisa, o encontro será previo ao XXI Congreso Nacional de Hospitais e Xestión Sanitaria, que a entidade celebrará na cidade de Compostela entre o 8 e o 10 de maio co lema "Innovación: Camiño de Sustentabilidade". O Congreso procura que o sector sanitario avance cara ao futuro con garantías e estabilidade, sendo un referente no desenvolvemento sostible, apostando pola análise en profundidade da situación e problemáticas actuais e a favor da creación de valor e sustentabilidade do sistema sanitario.

O programa desta xornada precongresual, que pode consultarse online, inclúe unha mesa redonda titulada "Da atención á Patología á Atención ao Paciente" e a presentación "Value Based Healthcare" seguida dun coloquio.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta