Baile de entroido no mundo do mar

 

O Museo Centro Gaiás, un edificio que precisamente a moitos visitantes lles lembra á silueta dunha balea, erixirase como escenario de excepción para o Baile deste ‘Entroido Mareiro’. Mariñeiros e mariñeiras, sereas e piratas, pescantinas e mariscadoras, peixes e tritóns, capitáns e sapoconchos… reuniranse este luns de entroido para unha festa digna do mesmísimo Poseidón!

O baile, ao que será obrigatorio acudir cun disfrace de temática marítima, está dirixido a públicos de todas as idades a partir dos 3 anos. Comezará ás 17:30 cunha sesión de música típica destas datas a cargo de Fixemberg DJ e continuará ás 18:30 co espectáculo de música ao vivo de Pablo Díaz e a banda Tic, Tac, Toc.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada