Aula do Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural da USC

O alumnado do Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural desprázase á Cidade da Cultura o xoves 26 de abril para unha aula especial na que ademais dunha visita guiada ao complexo do Gaiás incluirá unha conversa aberta sobre cultura dixital.

Esta xornada de formación comezará ás 16.30 horas coa intervención da directora de Acción Cultural da Cidade da Cultua, María Pereira Otero, que ademais de dar a benvida ao alumnado participante exporá brevemente as principais liñas de acción cultural da entidade. A continuación, os asistentes poderán coñecer polo miúdo as instalacións do complexo nunha visita guiada á arquitectura do Gaiás.

Para pechar a tarde, a partir das 19:00 horas, terá lugar unha conversa aberta sobre cultura dixital, coa participación de persoas expertas neste campo.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI