Unha das artistas máis relevantes e premiadas da escena galega actual, froito dunha andaina musical que comezou en Berrogüetto como vocalista, pianista e gaiteira e continuou con Espido e Nordestin@s ata comezar a súa carreira en solitario, tamén ateigada de éxitos, como o Premio Martín Códax en Canción de Autor ou o recente Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado Español, concedido polo seu último traballo ‘Immersión’.
No Gaiás imos poder gozar das reinterpretacións dos temas das súa carreira nas sete linguas peninsulares. Un canto á diversidade, á vez que un xeneroso agasallo.
Mar - Dec 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Nov - mai 2017
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
14 nov 2026
De 17:30h a 18:30h
21 Nov 2026
16.30 h





























