Aspectos clave na reducción do risco de inundación

Augas de Galicia, a Dirección Xeral da Agua, o Consorcio de Compensación de Seguros e a Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias organizan a Xornada Técnica Aspectos clave na reducción do risco de inundación, que tratará sobre os asuntos mais importantes da aplicación dos Plans de Xestión do Risco de Inundación, centrándose especialmente na Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa.

As distintas administracións e organismos presentarán as medidas previstas en aplicación destes Plans e, en particular, determinadas medidas de diminución da vulnerabilidade das edificacións. Esta xornada está dedicada á mellora da coordinación entre os axentes locais, os axentes económicos e sociais e as distintas administracións implicadas na xestión do risco de inundación, de acordo co establecido nos Plans de Xestión de Risco de Inundación aprobados mediante Real Decreto.

 
 
pdf 554.92 KB
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta