Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade pechará o xoves 10 de outubro o mandato 2015-2019 e abrirá o novo ciclo 2019-2023 cunha Asemblea Xeral na que se someterá a aprobación a composición da nova Comisión Executiva, proposta pola saínte. Representantes dos 97 concellos e das tres deputacións socias da entidade están chamados a participar na xuntanza que se celebrará na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, concretamente no Auditorio 2 edificio CINC, ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11 horas en segunda.

A sesión dará comezo co balance dos últimos catro anos, nos que a Presidencia do Fondo Galego lle correspondeu ao Concello de Nigrán, a Vicepresidencia a Redondela e a Tesourería a Pontevedra, mentres que a Secretaría continuou exercéndoa o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), impulsor da iniciativa nos anos 90. As vogalías correspondían ata o momento aos concellos da Coruña, Cartelle, Monforte de Lemos, Oleiros e á Deputación da Coruña, buscando sempre a creación dun espazo transpartidario e mantendo o equilibrio entre provincias, municipios grandes e pequenos, da costa e do interior, etc.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta