Asemblea Xeral da Federación de Librarías de Galicia

O Espazo OFF acolle a Asemblea Xeral da Federación de Librarías de Galicia, institución sen fins de lucro que foi constituida en 1977 por un grupo de libreiros e libreiras comprometidos. Integrada actualmente por 141 librarías de toda Galicia, leva 45 anos traballando pola defensa dos os intereses comúns do sector, e fomentar o crecemento dos lectores con diversas campañas.

Os obxetivos da Federación son:

1. Promover e defender os intereses comúns dos seus membros e os intereses colectivos do sector libreiro.

2. O incremento da actividade mercantil relacionada co sector.

3. Defender os seus asociados contra actos de competencia desleal, intrusismo, incumprimento dos usos mercantís propios do ramo.

4. Representar os intereses colectivos dos libreiros cando sexa posible conforme coa lexislación vixente, en instancias administrativas ou xurisdiccionais.

5. Manter relacións cos distintos organismos e entidades, públicos ou privados, para o fomento da acción libreira, a difusión do libro e os intereses colectivos.

6. Calquera outros que axuden á coordinación, desenvolvemento e propósitos xerais e específicos da función libreira.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027