Asemblea Xeral ARIGAL 2022

O 27 de abril de 2022, a Asociación Galega de Áridos (ARIGAL) celebra na Cidade da Cultura a súa Asamblea Xeral. Ás 13.00h, a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, entregará as insignias de honra aos antigos presidentes da Arigal, no marco da celebración da súa Asemblea xeral. 

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial constituída no ano 1999 para agrupar ás empresas galegas adicadas á transformación industrial, fabricación e comercialización de áridos. Na actualidade, este colectivo conta con 50 empresas asociadas, que desenvolven a súa actividade en 75 centros de traballo e que representan ao 93% do sector na comunidade. Ademais, tamén integra a outras 23 empresas adheridas, pertencentes a subsectores auxiliares, como o das voaduras ou o do transporte, por exemplo.

Arigal foi creada co obxectivo de apoiar aos empresarios en materias como a prevención de riscos laborais, o respecto polo medio ambiente, a capacitación técnica, o financiamento, a promoción dos áridos -especialmente no ámbito do ensino- e a cooperación, representatividade e interlocución ante as administracións. Hoxe en día, estes propósitos téñense superado amplamente e Arigal tamén é unha referenza en innovación, formación, internacionalización e seguridade laboral.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h