Asemblea e mesas de traballo Cluster TIC Galicia

A Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster TIC de Galicia incluirá na edición do 28 de xuño de 2018 unha serie de mesas de traballo nas que os asociados poderán debatir sobre algúns dos temas máis relevantes no eido das novas tecnoloxías da comunicación.

Estas mesas serán espazos físicos nos que, dende as 13:20 ata as 14:45 os asistentes exporán o estado e posibilidades de participación e influencia do Clúster TIC.

Os asociados están convidados a formar parte deste evento previo á asemblea. Tamén se ofrecerá un xantar de networking gratuíto para os asistentes. Ao remate das mesas extraeranse conclusións e levarase a cabo un debate para buscar as medidas que favorezan ao posicionamento do colectivo sectorial como referente. 

Os temas que se tratarán en cada una das mesas de traballo son os seguintes: HUBs de innovación, lexislación laboral e formativa, captación de recursos e oportunidades de negocio para o sector TIC galego. Máis información en http://www.clusterticgalicia.com/novas.php?id=1106&idioma=gl&sec=22

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
15 Xul 2026
A partir das 20:30 horas
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO