A sección de artes escénicas do festival Artes pola Integración ofrece proxectos escénicos que fomentan a creatividade, o gozo das artes e a participación da sociedade nunha actividade caracterizada polo progreso e enriquecemento cultural e persoal para todos os grupos e persoas que integramos a sociedade.
A Cidade da Cultura será escenario, xunto a San Martiño Pinario e o Salón Teatro, de varias destas experiencias:
- Encontro de arte e diversidade: o Gaiás reunirá nun mesmo espazo fragmentos de diferentes creacións realizadas por grupos de danza e música de colectivos en risco de exclusión social de diferentes países e grupos que levan a cabo proxectos en Santiago de Compostela.
- O mundo nas túas mans. Espectáculo de danza, música e audiovisual para bebés e familias onde se tratará a importancia de coñecer o mundo desde a infancia e de aprender a relacionarnos ben desde que somos moi pequenos.
- O terceiro sorriso. Proxecto que busca a unión de maiores e pequenos a través da arte nun proxecto conxunto con música en directo a cargo da Banda de Música de Chantada.
Consulta o programa completo de artes escénicas na área de descargas.
| 291.42 KB |
Do 22 out 2025 - 31 maio 2026
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
11 abr 2026
11 abr 2026























