No marco do programa de actividades "Compostela Móvese", Cersia Empresa convoca o seminario de sete horas de duración Aprende a dar no branco, co obxectivo de fomentar o emprendemento e da mellora empresarial no Concello de Santiago.
Programa
Publicidade. 10.00 – 14.00 horas.
Chegar onde outros non chegan ou onde non chegou ninguén antes... Este é un dos fins esenciais da publicidade.
Queres ser capaz de anunciarte como esa bebida refrescante que conquista a todo o mundo? Desexas viralizarte e entrar en cada fogar a lombos dun cabalo como o do anuncio do supermercado de moda? Nesta sesión veremos e valoraremos moita publicidade. Imparte: Modesto Gómez
Esgrima. 16.30 – 19.30 horas
Dar no albo. Conseguir impactar na persoa de en fronte para conquistar a batalla. Ese é o fin último da publicidade e a esgrima. Durante a sesión de tarde desta acción, un dos maiores expertos de Galicia na arte da espada ensinaranos a manexar o florete con destreza, facéndonos comprender as regras, usos e costumes desta centenaria disciplina chea de vistosidade e elegancia. Imparte: José Luis Piñeiro, promotor de Esgrima Compostela.
























