A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader, organiza o venres 9 de marzo na Cidade da Cultura un acto de sinatura de fincas afectadas pola Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, Metaga. Celebrarase no Edificio CINC, no Salón de Convencións.
Por outra banda, ás 11.30 horas, na Sala Eisenman, a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada polo director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, presidirá o acto de entrega de títulos de parcelas do Banco de Terras a 73 concellos galegos.
A Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga) permite que terreos sen utilidade agraria pasen a ser directamente do concello dun xeito máis áxil de con menos menos carga burocrática que a tradicional cesión de terras que se viña realizando ata o de agora.
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) é un ente público da Xunta de Galicia que promove e coordina o desenvolvemento rural en Galicia. Este desenvolvemento ten como finalidade mellorar a calidade e condicións de vida dos habitantes do medio rural ao tempo que contribúe á cohesión do territorio galego.
























