Acto de recoñecemento empresas FP Dual

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, acompañado do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participará nun acto de recoñecemento ás empresas da FP Dual. O acto será aberto aos medios de comunicación.

A FP dual é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.

Integra os tres piares que sustentan o proceso de formación dun profesional: formación curricular (específica do ciclo formativo), traballo na empresa e formación complementaria (específica para os procesos produtivos da empresa), combinando a asistencia do alumnado no centro educativo coa súa formación e o seu traballo na empresa.

Os centros e as empresas comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
9 — 25 Out 2026
De luns a domingo | De 10 a 20 h
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h
Do 23 - 26 nov