O CSHG celebra os seus 25 anos debatendo sobre os retos e oportunidades do sector hoteleiro galego no horizonte do Xacobeo 2021. O Museo Gaiás da Cidade da Cultura acolle así o mércores 5 de xuño a terceira edición do Hotelforum, o III Foro Hoteleiro organizado polo Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG).
Será unha edición especial para celebrar o 25 aniversario do nacemento da escola e que terá un programa de actividades que mira ao nuevo ano santo compostelán: "Xacobeo 2021. Retos e Oportunidades para o sector hoteleiro galego".
PROGRAMA:
10:15-11:15 h Comercialización hoteleira. O paradigma da supervivencia nun contexto de transformación permanente
11:30 - 12:30 h. Acto central do 25º Aniversario do Centro Superior de Hostelería de Galicia. No que se recoñecerá o labor de colaboración de dez cadeas hoteleiras nestes 25 anos de traxectoria do CSHG. Coa participación do presidente da Xunta de Galicia e do conselleiro de Cultura e Turismo.
13:00 -13:15. Entrega ao CSHG do “Premio á Escola de Referencia” da Asociación Catalana de Xornalistas e Escritores de Economía e Turismo “Red de periodistas de Turismo” por 25 anos formando e descubrindo talento na hostalería.
13:15 - 14:15. Xestión da diversidade nos establecementos hostaleiros.
14:15-16:00. Comida coa participación de antigos alumnos e alumnas do CSHG nos fogóns.
16:00-17:00. A evolución do produto hoteleiro.
17:00-18:00 h. O peso da xestión económica e financeira na toma de decisións da empresa.

























