20º aniversario do servizo de voluntariado da FAXPG

O servizo de voluntariado da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia celebra este ano o seu 20º aniversario. En 2003 a FAPXG creou este servizo co obxectivo de fomentar a solidariedade coas persoas xordocegas e xordas en situación de exclusión, realizando actividades de lecer e tempo libre para evitar o seu illamento social e comunicativo. Desde 2018 desenvolve tamén actividades con persoas maiores xordas.

Este servizo recibiu varios premios e recoñecementos e actualmente conta co financiamento da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Para celebrar este aniversario, a FAPXG organiza un acto conmemorativo o día 2 de decembro de 2023 na Cidade da Cultura. Será un evento para homenaxear o traballo dos voluntarios e voluntarias durante todo este tempo, e tamén para coñecer as súas experiencias e as de persoas beneficiarias do servizo. A asistencia ao acto será con invitación.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027