No ano 2000 a Fundación Secretariado Gitano puxo en marcha o programa Acceder para a promoción do acceso ao mercado laboral da poboación xitana. Naquel momento esta iniciativa supuxo un punto de inflexión na maneira de abordar o acceso ao emprego da comunidade xitana, cunha firme aposta pola formación e o emprego por conta allea.
Un programa exitoso que, grazas ao financiamento ininterrompido do Fondo Social Europeo a través do Ministerio de Traballo e Economía Social, e ao cofinanciamento de numerosas administracións públicas, principalmente financiamento procedente do IRPF, así como de entidades privadas, puido chegar a case 110.000 participantes; logrou 91.733 contratos de traballo, logrando emprego a 33.344 persoas; desenvolveu 7.955 accións formativas; acompañou a 1.591 proxectos de autoemprego; e conseguiu 15.967 empresas colaboradoras.
Tras 20 anos de implementación, a Fundación Secretariado Gitano quere celebrar e compartir estes resultados con todas aquelas persoas, organizacións e institucións desde as que, dunha maneira ou outra, contribuíron ao éxito do programa. Resultados que, ademais, veñen avalados por unha Avaliación de impacto externa (Red2Red) que se presentará no evento. Ademais, darase a coñecer a nova campaña de sensibilización, centrada nas oportunidades de acceso ao mercado laboral para a mocidade xitana, e continuación da campaña lanzada con éxito en 2020 # PanparaMañana.
























