13ª Comisión NAT | Comité Europeo das Rexións

A Comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións decidiu celebrar a súa próxima reunión, os días 2 e 3 de xuño, en Santiago de Compostela, coincidindo coa celebración do Ano Santo Xacobeo 21-22.

A axenda do encontro contempla a celebración o vindeiro 2 de xuño da 13ª reunión da Comisión NAT, a cal se complementa co relatorio "Un modelo distinto de turismo en Europa: o Camiño de Santiago. Peregrinaxe, turismo e paisaxes naturais", programado para a xornada do venres 3. O evento terá lugar en diversos espazos da Cidade da Cultura: no Centro de Innovación Cultural (CINC) e no edificio Fontán.

Galicia participa na Comisión de Recursos Naturais (NAT) e na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX). NAT prepara os ditames de opinión dos municipios e rexións europeas en áreas como a Política Agrícola Común, a pesca, o turismo ou a saúde pública.

O Comité Europeo das Rexións é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o propio presidente da Xunta de Galicia, mentres que o cargo de membro suplente recae no director xeral de Relacións Exteriores e coa UE.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027