O escultor Francisco Leiro, un dos artistas plásticos galegos en activo con maior proxección no panorama internacional, realizará unha intervención artística sobre o Camiño de Santiago que se situará no Bosque de Galicia –na aba do Monte Gaiás que se abre sobre a cidade de Compostela– establecendo así un diálogo coa Cidade da Cultura e a Vía da Prata, que discorre paralela ao complexo na súa entrada á capital de Galicia.
A Cidade da Cultura de Galicia leva ao Museo de Pontevedra Galicia, de Nós a nós, unha mostra que homenaxea e pon en valor o legado da Xeración e da revista Nós na cultura e na identidade galega. Inaugurada esta tarde no Edificio Castelao, a exposición está organizada pola Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense xunto á Deputación de Pontevedra.
A Cidade da Cultura de Galicia convocará un concurso para elixir unha obra de arte conectada co universo simbólico dos Camiños de Santiago que ocupará o emprazamento no que se sitúa a Bóla de libros, nome co que se coñece de xeito coloquial á peza de Alicia Martín que leva por nome Singularidade.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou hoxe os ensaios dos artistas e compañías participantes na sétima edición de Escenas do cambio, o festival de teatro, danza e arte en acción da Xunta de Galicia que se desenvolve, a partir de mañá e ata o domingo día 23, na Cidade da Cultura. Fíxoo xunto a súa nova directora, Lola Correa.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- …
- seguinte ›
- última »




