A Xunta de Galicia súmase á celebración do Día Internacional dos Arquivos con Camiños, Paisaxe e Patrimonio, a nova mostra do Arquivo de Galicia que foi inaugurada hoxe co gallo desta efeméride polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo.
Un Museo Centro Gaiás convertido en contorna virtual en 360º acolle a partir de mañá a Maker Faire Galicia, que repite este ano cun formato enteiramente en liña no que argalleiros de sete países diferentes –España, A Arxentina, O Xapón, México, EE.UU., Portugal e O Brasil– presentarán os seus proxectos.
A Xunta de Galicia convida a medio centenar de creadores, dos ámbitos das artes plásticas, as letras, as ciencias ou o audiovisual, a imaxinar xuntos a Galicia futura, título da que será a grande exposición do Xacobeo neste ano 2021.
A Cidade da Cultura de Galicia despediu hoxe a exposición As miradas de Isaac cun concerto no Museo Centro Gaiás do cuarteto de corda 'Grupo Instrumental s. XX' con todas as entradas, previa retirada de convite, esgotadas. Deste xeito especial clausurouse a primeira gran mostra realizada pola Xunta de Galicia en homenaxe á figura de Díaz Pardo, co gallo de cumprirse en 2020 o centenario do seu nacemento, e que recibiu máis de 26.000 visitantes durante os seis meses da súa exhibición no Museo Centro Gaiás, desde o pasado 6 novembro ata este 30 de maio.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- …
- seguinte ›
- última »




