Sala de prensa

 
Santiago, 21 de Xuño de 2021

A Xunta de Galicia festexará o Día da Música a tarde do sábado 26 de xuño coa celebración de cinco concertos de artistas internacionais nos espazos exteriores Cidade da Cultura de Galicia, vencellados cada un deles ás cinco rutas do Camiño de Santiago.

Santiago, 20 de Xuño de 2021

A Cidade da Cultura de Galicia vén de convocar un concurso dirixido a artistas de entre 18 a 40 anos para crear unha obra de arte vinculada co Camiño de Santiago que ocupará un lugar destacado nos exteriores do Gaiás.

Santiago, 15 de Xuño de 2021

A Xunta de Galicia reforza este verán o programa de visitas comentadas da Cidade da Cultura de Galicia con diferentes opcións para coñecer a arquitectura e funcionamento do complexo, as intervencións artísticas e paisaxísticas nos espazos verdes ou os vencellos entre C o Camiño de Santiago. Estes tres novos xeitos de achegarse ao Gaiás veñen a completar a actual oferta de visitas guiadas ás exposicións Faraón.

Santiago, 11 de Xuño de 2021

A Xunta de Galicia e Afundación levan á Coruña do 29 de xuño ao 28 de agosto As miradas de Isaac, exposición coa que se procura difundir a figura de Díaz Pardo e que durante os seis meses de exhibición na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela —do 26 de novembro ao 30 de maio de 2021— foi visitada por máis de 26.000 persoas.

Santiago, 10 de Xuño de 2021

A Cidade da Cultura de Galicia convidou a profesionais da xestión cultural, responsables de centros internacionais e Capitais Europeas da Cultura, e tamén a entidades privadas que realizan labores de mecenado no eido das industrias creativas, a reflexionar e achegar propostas de mellora sobre o complexo en diversos paneis de discusión.

Páxinas