A Cidade da Cultura súmase en maio á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á música, profesora e poeta Luísa Villalta, cunha variada programación divulgativa destinada a dar a coñecer a súa figura e a súa obra a toda a cidadanía.
A Cidade da Cultura volve acoller a colorida e festiva carreira Holi Gaiás, que vai pola súa sexta edición. A proba terá lugar o sábado 8 de xuño nos exteriores do complexo e nesta ocasión contará cun percorrido especial para a cativada entre 4 e 9 anos, a Peque Holi.
A actividade lúdico festiva contará un ano máis coa súa tradicional poeira de cores e con animación previa e posterior á proba, con música e coreografías que animarán aos participantes durante a mañá.
A exposición Barreiro. O silencio que chove luz na xanela despídese hoxe do Museo Centro Gaiás, onde fora inaugurada a finais do pasado mes de novembro, tras recibir máis de 20.000 visitantes.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, reafirmaron hoxe o seu compromiso de colaboración entre ambas as institucións na promoción e defensa da lingua galega durante o seu primeiro encontro, celebrado na Cidade da Cultura de Galicia.
Por terceiro ano consecutivo, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Fundación Cidade da Cultura, convoca as axudas REGA ao desenvolvemento de proxectos artísticos vinculados ás artes visuais, escénicas, musicais e de deseño dentro do programa das Residencias Artísticas do Gaiás. En total, ofértanse catro axudas de 8.000 euros cada unha para artistas que realicen estadías de entre tres semanas e mes e medio na Cidade da Cultura.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- …
- seguinte ›
- última »




