Sala de prensa

 
Santiago, 13 de Xullo de 2024

A Cidade da Cultura de Galicia acolle durante toda a xornada de hoxe o VII Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que 12 formacións interpretarán temas escollidos para a ocasión, que abarcan desde sons clásicos ata música tradicional galega e versións de cancións contemporáneas. No acto tamén participa a Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia, formada por medio cento de intérpretes, todos menores de 20 anos, pertencentes a diferentes bandas e conservatorios da comunidade.

Santiago, 12 de Xullo de 2024
Fotos: Rocío Cibes

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura Unha vida viquinga, unha exposición internacional que cuestiona grandes clixés da cultura popular sobre a Era Viquinga e amosa en Galicia pezas históricas e arqueolóxicas de museos nacionais de Suecia, Dinamarca e Francia nunca antes exhibidas en España.

Santiago, 10 de Xullo de 2024

A Cidade da Cultura volve ser escenario para a mellor música en directo esta semana coas actuacións de Flow do Toxo e Naked Family en Atardecer no Gaiás.  As rapeiras da bisbarra do Condado soben mañá xoves ao escenario para montar unha festa reivindicativa que defende o rural e a diversidade. O venres será a banda Naked Family quen invoque o baile cunha proposta que conecta a psicodelia dos 70 co futuro da música pop.

Santiago, 07 de Xullo de 2024

A Xunta de Galicia inaugurará este venres 12 de xullo unha das maiores exposicións sobre cultura viquinga organizadas en España nas últimas décadas e que se encadra no marco da programación de verán do Goberno galego, o CulturON. A Cidade da Cultura está a recibir estes días ao persoal técnico que acompaña a viaxe de pezas arqueolóxicas únicas prestadas por ata 13 institucións e coleccións cedentes de obra, entre eles museos nacionais de Historia e Arqueoloxía de Suecia, Dinamarca, Francia e España.

Santiago, 06 de Xullo de 2024

Este xoves 4 de xullo á caída do sol arrincan os concertos de Atardecer no Gaiás co rapeiro Lucho RK, unha das novas voces máis populares dentro da música urbana en España. Con apenas un par de anos de traxectoria, este mozo canario suma decenas de miles de seguidores e tamén colaboracións con artistas consagrados no seu estilo, como Juancho Marqués ou Wos LasPalmas.

Páxinas