A Xunta de Galicia deu a coñecer hoxe o cartel da décimo cuarta edición do ciclo de concertos Atardecer no Gaiás, cita consolidada no verán para os amantes da música en vivo. Nesta ocasión son 16 as propostas gratuítas para gozar ao aire libre na Cidade da Cultura, cun programa diverso no que teñen cabida os estilos que máis están a soar entre o público novo, como o rap, o neo-tradi, o pop —nas súas vertentes indie e electrónica— e os ritmos tropicais.
A Cidade da Cultura volve este mes de xullo co seu Verán en Familia, que nace coa intención de que nenos, nenas e adultos poidan gozar de espectáculos culturais ao aire libre nas tardes estivais. A programación, composta por un total de catro propostas artísticas, desenvolverase os mércores 3, 10, 17 e 31 de xullo ás 19,00 horas no Xardín do Teatro. A entrada é libre e de balde ata completar capacidade.
A Cidade da Cultura de Galicia acolleu este sábado preto dun milleiro de persoas que percorreron os espazos exteriores do Gaiás baixo unha poeira de cores para celebrar a primavera. A Holi Gaiás, popular carreira lúdica que cumpre a súa sexta edición, converteuse xa nun clásico das festas ao aire libre en Santiago de Compostela desta época do ano, coa súa mestura de deporte, natureza e música e onde o espírito lúdico se impón ao competitivo.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou esta mañá no Arquivo de Galicia a exposición Mentes no labirinto: saúde mental, cultura e inclusión, con motivo da celebración este domingo do Día Internacional dos Arquivos.
A Xunta de Galicia celebra na Cidade da Cultura o Día da Música con Budiño, un dos músicos galegos máis internacionais, que presentará o seu último disco nun concerto gratuíto o venres 21 de xuño no Gaiás. O gaiteiro virá acompañado para a ocasión dun elenco de novas voces e talentos do neo-tradicional galego, cos que comparte o seu amor pola música de raíz e a vontade de experimentar coa electrónica.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- …
- seguinte ›
- última »




