O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, visitou hoxe aos participantes na residencia artística Efemérides 2024, unhas xornadas que se levan a cabo no Gaiás ata o 3 de agosto coa participación de 65 músicos.
Con motivo da cerimonia de entrega das Medallas de Galicia 2024, o Museo Centro Gaiás pechará ao público o mércores 24 de xullo de 10.00 a 16.00 horas, polo que durante a mañá non poderá visitarse o edificio nin as exposicións que acolle, suspendéndose ademais as visitas comentadas. Volverá abrir en horario de tarde (de 16.00 a 20.00 h).
Os concertos gratuítos de Atardecer no Gaiás traen esta semana dúas citas para bailar ata a noitiña que conectan Galicia con Brasil e Arxentina. A célebre cantante e compositora galega Ugia Pedreira —A Pedreira— presentará o xoves 18 de xullo na Praza central da Cidade da Cultura o seu último disco, Basal, acompañada en directo dunha banda internacional que promete unha viaxe sonora entre a rave, a foliada e o club de jazz.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, recibiu esta mañá á embaixadora da República Federal de Alemaña en España, Maria Margarete Gosse, e á xefa de Asuntos Culturais da Embaixada Alemá en España, Isabella Neisinger-Langner, durante unha visita á Cidade da Cultura de Galicia na que tamén os acompañou a directora xerente do complexo, Ana isabel Vázquez.
O ciclo de espectáculos do Verán en Familia da Cidade da Cultura chega ao seu ecuador este mércores con Viva o Pop!, un concerto especial no que cativada e maiores bailarán ao ritmo dos grandes éxitos dos 80 e 90. Máis de 1.200 persoas asistiron xa ás actuacións musicais e de circo programadas neste ciclo, impulsado pola Xunta de Galicia dentro da campaña de actividades de estío para todos os públicos, CulturON.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- …
- seguinte ›
- última »




