Sala de prensa

 
Santiago, 13 de Outubro de 2024

A Xunta de Galicia lanza unha audioguía para dispositivos móbiles destinada a facer máis accesible a visita ás exposicións do Museo Gaiás, tamén para as persoas con dificultade auditiva, ao incorporar explicacións en lingua de signos. Esta app está dispoñible polo momento para a mostra Unha vida viquinga e inclúe tamén audio e texto en tres idiomas.

Santiago, 12 de Outubro de 2024

A Xunta de Galicia fomenta alternativas de lecer cultural para as familias con Zapaburu. Unha actividade que chega por primeira vez a Galicia na que a arte xa non se enfoca exclusivamente desde unha perspectiva didáctica, senón que se transforma nun espazo para experimentar con todos os sentidos as distintas pezas que compoñen a instalación. O seu obxectivo é estimular a creatividade na primeira infancia e facer dos museos un lugar accesible para os nenos e nenas.

Santiago, 16 de Setembro de 2024

Este mes de setembro comezan o seu traballo na Cidade da Cultura os catro novos proxectos beneficiarios das Axudas REGA 2024, promovidas pola Xunta de Galicia dentro do Programa de Residencias Artísticas do Gaiás. A representación do colectivo LGBTI+ dentro das culturas galega e portuguesa, o acceso á vivenda, a aplicación das técnicas da alta costura á creación de esculturas téxtiles, e a transformación de mapas en música son os temas centrais das propostas seleccionadas.

Santiago, 11 de Setembro de 2024

O primeiro concerto do ciclo Ópticas contemporáneas, organizado pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura, liga este domingo os sons dos devanceiros coa composición contemporánea. A actuación reúne o ensemble Música Práctica co multiinstrumentista e luthier Abraham Cupeiro, convidado de honra para interpretar por primeira vez en Galicia a obra A constelación de Saxitario, composta especificamente para el polo compostelán Fernando Buide.

Santiago, 08 de Setembro de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, sumouse aos centos de familias que se achegaron ao Gaiás a gozar dunha nova edición de Cidade Imaxinaria, que inclúe este ano seis espectáculos e oito zonas de actividades. Unha oportunidade, resaltou, para “despedir as vacacións da cativada cunha ampla programación de circo, teatro, maxia e música que encadramos no CulturON, a nosa campaña estival”.

Páxinas