Sala de prensa

 
Santiago, 05 de Febreiro de 2025

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude sumouse á celebración do 60 aniversario do nacemento do graffiti contemporáneo con Cornbread, figura fundamental nas orixes desta arte urbana, que impartiu esta tarde unha conferencia no Gaiás. O artista estadounidense estivo acompañado pola directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, así como pola pioneira grafiteira galega Seor (Beatriz López), e os comisarios e investigadores no eido do graffiti moderno, Amabel González Troncoso e Balu.

Santiago, 04 de Febreiro de 2025

No marco da conmemoración do 60 aniversario do nacemento do graffiti contemporáneo, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude trae ao Gaiás a Cornbread, artista estadounidense considerado o primeiro grafiteiro contemporáneo e un dos pioneiros deste movemento que transformou a expresión artística e a cultura urbana a nivel mundial.

Santiago, 01 de Febreiro de 2025

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude promove dúas novas creacións escénicas dentro de Clásicas desfeitas, o ciclo de co-producións iniciativa do Centro Dramático Galego coa Cidade da Cultura. Nesta ocasión, as obras revisan a figura histórica e literaria de Ricardo III e o mito de Medea, para propoñer dous retratos máis humanos de ambos personaxes empregando linguaxes e ferramentas do teatro contemporáneo, que terán a súa estrea este mes de febreiro no Gaiás.

Santiago, 31 de Xaneiro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, avanzou esta mañá o programa expositivo da Cidade da Cultura de Galicia para este ano, que propón unha trintena de mostras, instalacións inmersivas e intervencións artísticas que abrirán as súas portas nos diferentes espazos do Gaiás, pero que chegarán tamén a vilas e cidades de Galicia, así como a Madrid e outros lugares fóra da nosa comunidade.

Santiago, 30 de Xaneiro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia a exposición Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo coa que a Xunta de Galicia celebra o Día da Ilustración, efeméride coa se conmemora a data de nacemento de Castelao e que este ano está dedicada ao artista de Mondoñedo,  autor de obras icónicas como cartelista e muralista e que traballou man a man con Isaac Díaz Pardo durante 40 anos en Sargadelos.

Páxinas