Sala de prensa

 
Santiago, 04 de Decembro de 2024

A Xunta de Galicia convida as familias a descubrir na Cidade da Cultura a instalación Yule, un Nadal viquingo no Gaiás, que coa exposición Unha vida viquinga como pano de fondo, nos transporta ao mundo nórdico e ás súas tradicións e símbolos do solsticio de inverno, ao tempo que acolle ao longo destas festas sesións de contacontos e obradoiros creativos para a rapazada.

Santiago, 30 de Novembro de 2024

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dá a coñecer este sábado no marco do Culturgal, celebrado en Pontevedra, as actividades de Nadal que terán lugar no Gaiás a partir do vindeiro martes 3 de decembro. Coa mostra Unha vida viquinga como pano de fondo, a Cidade da Cultura inspírase este ano nos festexos do Yule nórdico para recrear no museo un pequeno poboado viquingo que acollerá obradoiros infantís de xoiaría ou tatuaxes temporais con runas.

Santiago, 27 de Novembro de 2024

O Galiverso, proxecto de realidade virtual impulsado pola Xunta de Galicia, estrea unha nova experiencia que achega ao público marabillas naturais, arqueolóxicas e históricas de Galicia nos que a pedra é a protagonista.

Santiago, 22 de Novembro de 2024

A Cidade da Cultura presentou hoxe venres o resultado das últimas Residencias Artísticas do Gaiás de 2024, correspondentes aos catro proxectos beneficiarios da liña de axudas REGA, promovida pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Catro iniciativas contemporáneas que abordan temáticas como a situación do acceso á vivenda, as representacións do colectivo LGBTI+ no rural galego e na cultura portuguesa, a aplicación de técnicas de alta costura á creación de esculturas téxtiles e a creación de música a partir das cartas náuticas do litoral galego.

Santiago, 20 de Novembro de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a exposición Vida Gallega. Unha viaxe ilustrada na Biblioteca de Galicia. Trátase dunha mostra que recompila a traxectoria da revista ilustrada Vida Gallega, a publicación de maior tirada, lonxevidade e influencia social da época que botou a andar en 1909 con xa 14.000 subscritores antes de lanzar o primeiro número e chegou a ter tiradas de 70.000 exemplares e a contar cunha rede de máis de 400 correspondentes entre Galicia e Latinoamérica.

Páxinas