Visita aos espazos naturais do Gaiás

Percorrido polas zonas verdes do Monte Gaiás para descubrir dun xeito exprés das máis de 40 Ha de zonas verdes que rodean o complexo arquitectónico, coñecer a súa fauna e a súa flora e deternos nos principais aspectos medioambientais asociados a estes espazos naturais ou recuperados.

Saíndo do Museo Centro Gaiás, achegarémonos brevemente ao Xardín Literario para a continuación percorrer parte dos sendeiros do Bosque de Galicia, o gran pulmón verde do monte, con once mil árbores de especies autóctonas (carballos, castiñeiros, bidueiros, espiños, pradairos, abeleiras, érbedos, freixos, faias…), que incrementa a biodiversidade da zona e mellora o metabolismo ambiental de Santiago, ao tempo que contribúe a integrar a Cidade da Cultura en Compostela. Descubriremos tamén as zonas de lecer infantil do Bosque de Galicia e o Parque da Balea, e deterémonos a coñecer as obras de arte que albergan os espazos exteriores do Gaiás: con instalacións escultóricas como Espellos, de Manolo Paz, Zapatos no Camiño, de Francisco Leiro, ou Deixa aquí os medos, de Alicia Framis.

IMPORTANTE 

  • Percorrido suxeito a modificacións por cuestións organizativas.
  • Deberán seguirse en todo momento as indicacións do persoal responsable da actividade.
  • Cómpre ter en conta que o percorrido inclúe desprazamentos por pavimentos irregulares, escaleiras e pendentes na aba do monte, polo que non sería apto ou presentaría dificultades con cadeiras de rodas ou dificultades de mobilidade. 
  • Os/as menores que asistan á visita deberán estar sempre acompañados/as dunha persoa adulta responsable.
  • Podes consultar aquí os diferentes modelos de visitas comentadas que ofertamos.
 
 
Visitar
 
8 Set 2022 - 21 Xuñ 2023
10.00 h | 12.00 h | 12.30 h | 13.00 h | 16.00 h
21 Out 2022 - 17 Abr 2023
11 Nov 2022 - 9 Abr 2023
Inverno 2023
Sábados, domingos e festivos | 11.30 e 13.00 h