Rostros do país

"Interésame o retrato non só como unha maneira de coñecer as persoas, senón tamén como un xeito de coñecer a sociedade". Sobre este leit motiv susténtase Rostros do país, a nova exposición do fotorxornalista galego Xurxo Lobato, na que nos ofrece un retrato colectivo de Galicia.

Con Rostros do país, a Cidade da Cultura ofrécelle ao visitante unha radiografía da Galicia actual. Do aquí e do agora. Unha mestura, subxectiva pero representativa, de diferentes personaxes a través dos que indagar na nosa identidade e naquilo que nos caracteriza como pobo. Un total de setenta retratos en gran formato de persoas que contribúen a que este país saia adiante e que resumen a mirada de Xurxo Lobato sobre Galicia. E unha instalación complementaria formada por máis de 1.443 pequenos retratos, algúns feitos polo propio fotógrafo e outros enviados nun proceso colaborativo, que conforman un mapa xigante de Galicia.

Todas as fotografías reunidas nesta exposición compoñen unha visión inspiradora de Galicia, unha escolla compartida por mulleres e homes que teñen acadado metas salientables en eidos como o da cultura, a ciencia, a empresa ou o deporte, e que comparten protagonismo neste proxecto con cidadáns que simbolizan aos milleiros de galegos que fan medrar día a día este territorio. Desde emigrantes caboverdianas ata empresarios de éxito, de traballadores en paro a afamados artistas. Persoeiros e xentes do común unidos cun único obxectivo: contribuír ao orgullo de ser galego.

 
Exposicións
 
5 XUÑO - 18 AGOSTO
De 10 a 20 horas
29 AGOSTO-15 DECEMBRO
De 10 a 20 horas
29 e 30 AG | 5 e 6 SET
21 horas
19 SET - 5 XAN 2020
De 10 a 20 horas
8 NOV 2019 - 12 ABR 2020